miércoles, agosto 23, 2006
OFF/FÓRA
"A Bienal de Arte de Pontevedra cumpre a súa vixésimo novena edición ofrecendo un monográfico dedicado á emigración como un fenómeno clave para comprender a formación da historia de Arxentina, Uruguai, Chile e Galicia ao longo da historia contemporánea. Off/Fóra: Movementos imaxinarios entre Galicia e o Cono Sur achégase á migración e ao exilio dende diferentes puntos de vista: psicolóxico, político, cultural ou antropolóxico. A comisaria, a arxentina Victoria Noorthorn, deseñou a mostra pensando no artista como actor político, con capacidade para atravesar diversos dominios simbólicos.
A Bienal combina o traballo dun bo número de artistas latinoamericanos e de creadores galegos consagrados e noveis. A título de exemplo, na mostra participan os americanos Camnitzer, Mario Sagradini, Mario Navarro ou Roberto Jacoby e os galegos Xosé Artiaga, Vari Caramés, Din Matamoro e Xesús Vázquez."
Extraído de Cultura Galega
Galería
OFF/FÓRA
Extraído de Cultura Galega
Galería
OFF/FÓRA
Publicar un comentario
Dios aprieta pero no existe!! | Blogger Templates by Gecko &
Fly.
No part of the content or the blog may be reproduced without permission.
Learn how to make money online.